[vc_row equal_height=”yes” css=”.vc_custom_1707755450508{margin-top: 00px !important;margin-bottom: 0px !important;}”][vc_column width=”1/2″ css=”.vc_custom_1707301145064{border-right-width: 2px !important;padding-right: 50px !important;border-right-color: #495746 !important;border-right-style: solid !important;}”][ultimate_spacer height=”30″][ultimate_spacer height=”30″][/vc_column][vc_column width=”1/2″ css=”.vc_custom_1707301184686{border-left-width: 2px !important;padding-left: 50px !important;border-left-color: #495746 !important;border-left-style: solid !important;}”][ultimate_spacer height=”30″][ultimate_spacer height=”30″][/vc_column][/vc_row][vc_row full_width=”stretch_row_content_no_spaces”][vc_column][vc_single_image image=”114″ img_size=”400×171″ alignment=”center” css=”.vc_custom_1707300843190{padding-left: 0px !important;}”][/vc_column][/vc_row][vc_row equal_height=”yes” css=”.vc_custom_1707755477670{margin-top: 0px !important;margin-bottom: 50px !important;}”][vc_column width=”1/4″ css=”.vc_custom_1707757720599{border-left-width: 0px !important;padding-top: 0px !important;padding-left: 0px !important;border-left-color: #495746 !important;border-left-style: solid !important;}”][/vc_column][vc_column width=”1/4″ css=”.vc_custom_1707757883971{border-right-width: 2px !important;padding-top: 50px !important;background-color: #ffffff !important;border-right-color: #495745 !important;border-right-style: solid !important;}”][vc_tta_accordion title_tag=”h5″ color=”white” c_align=”right” c_icon=”” active_section=”1″ no_fill=”true” collapsible_all=”true” css=”.vc_custom_1707758660542{border-right-width: 2px !important;padding-right: 30px !important;border-right-color: #495745 !important;}”][vc_tta_section title=”A Fundación” tab_id=”1707757351926-5ce82fdd-7468″][vc_column_text]

Propósito

Goberno e dirección

Estatutos

Cifras

[/vc_column_text][/vc_tta_section][vc_tta_section title=”O Noso Traballo” tab_id=”1707757351933-0164bd48-23cb”][vc_column_text]

Sustentabilidade Alimentaria

Prosperidade Endóxena

Inspirar para o Cambio

[/vc_column_text][/vc_tta_section][vc_tta_section title=”Contacto” tab_id=”1707757411555-972b0769-d2ed”][vc_column_text]

Dirección

Presenza online

[/vc_column_text][/vc_tta_section][/vc_tta_accordion][/vc_column][vc_column width=”1/2″ css=”.vc_custom_1707757843368{border-left-width: 2px !important;padding-top: 50px !important;padding-right: 50px !important;padding-left: 50px !important;border-left-color: #495746 !important;border-left-style: solid !important;}”][vc_column_text]TÍTULO PRIMEIRO – DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Denominación e natureza

Ó abeiro do dereito recoñecido no artigo 34.1 da Constitución española, coa denominación de “Fundación Galicia Sustentable”, constitúese unha organización de natureza fundacional, de interese galega, constituída sen ánimo de lucro, o patrimonio da cal está afectado de modo duradeiro á realización dos fins de interese xeral propios da institución

Artigo 2.- Personalidade e capacidade

A Fundación constituída, unha vez inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galega, ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, podendo realizar en consecuencia todos aqueles actos que sexan necesarios para o cumprimento da finalidade para a que foi creada, con suxeición ó establecido no ordenamento xurídico.

Artigo 3.- Réxime

A fundación ten carácter permanente e a súa duración será indefinida.

A Fundación rexerase pola Lei do Parlamento de Galicia 12/2006, do 1 de decembro. de fundacións de interese galego; polo Decreto 248/1992, do 18 de XL1ño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fun dacións de interese galega en todo aquilo que non se apaña á lei anterior, ou no seu caso palas disposicións que as substitúan; pala vontade do fundador, polos presentes estatutos, e palas normas e disposicións que en interpretación e desenvolvemento dos mesmos estableza o Padroado.

Ase mesmo, tamén se rexerá palas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 50í2002, de 26 de decembro, de Fundacións, pala Lei 49/2002, de 23 de decembro de Réxime Fiscal das Entidades sen fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado, e polo R.O. 1270/2003, de 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación do Réxime Fiscal das Entidades sen fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado, así como pala demais normativa que sexa de aplicación.

Artigo 4.- Domicilio

O domicilio da fundación radicará no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, na seguinte dirección:

Travesa de Picaños nº27, baixo

15702 Santiago de Compostela

O padroado podará promover o cambio de domicilio, mediante a oportuna modificación estatutaria, con inmediata comunicación ao protectorado, na forma prevista na lexislación vixente.

Artigo 5.- Ámbito de actuación

A fundación desenvolverá as súas actividades principalmente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

TÍTULO SEGUNDO – OBXECTO DA FUNDACIÓN

Artigo 6.- Fins

A Fundación Galicia Sustentable ten como finalidade xeral o aproveitamento do potencial de Galicia e as súas xentes cara a sustentabilidade desenvolvendo os potenciais dos individuos e colectivos a través as súas accións, actividades e proxectos.

De xeito máis específico a fundación pretende:

  1. Promover e impulsar la transición cara unha Galicia sustentable que baseada a súa prosperidade no mantemento dos recursos naturais e centra a creación de valor no coñecemento.
  2. Fomentar a investigación e impulsar proxectos de l+D+i que fomenten, profunden ou traten de facer unha contribución cara a sustentabilidade, en particular no referido ao medio rural.
  3. Impulsar a transformación do rural nun medio próspero a través da promoción de modelos de xestión e de negocio sustentables.
  4. Aproximar a información complexa á poboación para unha mellor comprensión dos problemas da súa contorna e unha toma de decisións máis axeitada en termos de sustentabilidade.
  5. Actuar como foro de referencia para a información relacionada coas súas liñas de actuación.
  6. Proporcionar oportunidades para o desenvolvemento das capacidades profesionais relacionadas coa sustentabilidade
  7. Promover a sensibilización, concienciación e a participación da sociedade na transición cara uns hábitos sustentables.
  8. En xeral, cantos fins lícitos e legalmente permitidos se encadren no espírito destes estatutos e aínda non estando explícitos nos mesmos, constitúan o seu presuposto, complemento ou consecuencia.

Artigo 7 .- Actividades fundacionais

Para a consecución dos fins mencionados no artigo anterior, a fundación organizará e levará a cabo actividades do seguinte tipo:

  1. Actividades formativas, de divulgación do concepto da sustentabilidade tais como ciclos de conferencias, seminarios, cursos e congresos.
  2. Organizar actos públicos para a concienciación e para enviar mensaxes a prol da sustentabilidade á sociedade civil.
  3. Actividades culturais no marco da sustentabilidade corno exposicións, concertos, charlas de divulgación cultural, ciclos de cine ou proxeccións puntuais de películas e documentais.
  4. Asesorar a institucións de carácter público e privado con competencias ou actuacións estratéxicas que poidan ter efectos sobre a sustentabilidade.
  5. Participar en proxectos de I+D+i que fomenten profunden ou traten de facer unha contribución cara a sustentabilidade. en particular ao medio rural.
  6. Apoiar, a través da transferencia de coñecemento, iniciativas empresariais e proxectos de emprendedores que impulsen, difundan e favorezan coas súas actividades a sustentabilidade de Galicia.
  7. Dinamizar o mercado da sustentabilidade promocionando a oferta de produtos sustentables. activando a demanda social deses produtos, orientando cara unha inversión socialmente responsable, fomentando a contratación pública verde e a compensación de emisións polas actividades humanas.
  8. Realizar publicacións e producións audiovisuais, tanto unitarias como de carácter periódico, relativas á situación da sustentabilidade en Galicia.
  9. Colaborar con autoridades munrc1pa1s, rexionais, estatais, internacionais e con outras entidades competentes que promovan a sustentabilidade.
  10. Realizar proxectos de cooperación internacional para axudar a comunidades con carencias de infraestruturas e outros que faciliten o desenvolvemento das xentes que conforman esas comunidades.
  11. Relacionarse coordinando a súa acción con outras asociacións e fundacións con obxectivos afíns.
  12. Cantas outras actividades lexítimas e accións legais lle competan no exercicio do seu dereito encamiñadas á mellor consecución dos seus fins ou colaborar na organización das mesmas.

Artigo 8.- Liberdade de actuación

O padroado terá plena liberdade para determina-las actividades da fundación, tendentes á consecución daqueles obxectivos concretos que. a xuízo daquel e dentro do cumprimento dos seus fins, sexan os máis adecuados ou convenientes en cada momento.

TÍTULO TERCEIRO- REGRAS BÁSICAS PARA A APLICACIÓN DOS RECURSOS AO CUMPRIMENTO DOS FINS FUNDACIONAIS E PARA A DETERMINACIÓN DOS BENEFICIARIOS

Artigo 9.- Destino das rendas e ingresos

O Padroado, respectando os límites que estableza a lexislación aplicable en cada momento, determinará a porcentaxe das rendas, ou outros calquera ingresos netos da Fundación, que se destinarán á realización dos fins fundacionais, debendo aplicarse o resto, deducidos os gastos de administración, a incrementar a dotación fundacional.

Artigo 10.- Beneficiarios

Será beneficiario de la Fundación a colectividade galega sobre a que reverteran as actividades da fundación e as persoas físicas e xurídicas descritas no artigo 7. A determinación dos beneficiarios será efectuada polo padroado con criterios de imparcialidade e non discriminación.

TÍTULO CUARTO – GOBERNO DA FUNDACIÓN: O PADROADO

Artigo 11.- Natureza

O padroado é o órgano de goberno, representación e administración da fundación, e executará as funcións que lle corresponden con suxeición ó disposto no ordenamento xurídico e nos presentes estatutos.

Artigo 12.- Composición

  1. Padroado estará composto por un mínimo de tres membros e un máximo de sete.
  2. O fundador Juan Marcos Pérez Gulín será membro nato e vitalicio do Padroado e poderá nomear outros patróns, vitalicios ou por prazo determinado.
  3. Calquera outras persoas designadas para integrar o Padroado terán a condición de patróns electivos e exercerán o seu mandato por un período de cinco anos, podendo ser reelixidos.
  4. O primeiro Padroado empezará a exercer as súas funcións desde o momento mesmo da aceptación dos cargos polos seus titulares, quen poderá ser designados por un período de tempo inferior a cinco anos de forma que se prevexa a renovación do órgano por metade aos tres anos da súa constitución.

Artigo 13.- Duración do mandato

  1. Sen prexuízo da facultade recoñecida ao Fundador no artigo anterior, os sucesivos membros do Padroado serán designados por este a proposta do seu presidente ou de dúas terceiras partes dos seus membros, mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
  2. Producida unha vacante, o Padroado reunirase no prazo máximo de trinta días para designar a persoa que ocupe a mesma ou para amortizar a praza vacante, o cal requirirá acordo adoptado co mesmo quórum previsto no apartado anterior.

Artigo 14.- Nomeamento e substitución de patróns

O nomeamento de patróns, tanto para completar o número máximo de membros como para cubrir as vacantes que se produzan será competencia do padroado.

O prazo para cubrir va cantes será de 6 meses desde que se produce a vacante.

Os acordos para nomear patróns deberán ser aprobados palas dúas terceiras partes dos membros do padroado.

A substitución dos patróns comunicaráselle formalmente ó protectorado e inscribirase no Rexistro de Fundacións.

Artigo 15.- Aceptación do cargo de patrón

Os patróns entrarán a exercer as súas funcións despois de teren aceptado expresa mente o seu cargo. Esta aceptación poderá constar no outorgamento da carta fundacional, en documento público independente, en documento privado con sinatura lexitimada por un fedatario público, mediante comparecencia realizada ante o Rexistro de Fundacións de Interese Galega, ou perante o padroado, acreditándose mediante certificación expedida polo secretario.

A aceptación comunicarase formalmente ó protectorado para a súa inscrición no Rexistro de Fundacións.

Artigo 16.- Cesamento dos patróns

O cesamento dos patróns da fundación producirase nos supostos seguintes:

  1. Por morte ou declaración de falecemento, así como por extinción da persoa xuridica.
  2. Por incapacidade, inhabilitación ou incompatibilidade, de acordo co establecido na lei.
  3. Por cesamento no cargo por razón do cal foron nomeados membros do padroado.
  4. Por non desempeña-lo cargo coa dilixencia dun representant e leal, se así se declara en resolución xudicial
  5. Por resolución xudicial que acolla a acción de responsabilidade polos actos de responsabilidade establecidos legalmente.
  6. Polo transcurso do prazo de seis meses desde o outorgamento da escritura pública fundacional sen ter solicitado a inscrición no correspondente Rexistro de Fundacións.
  7. Polo transcurso do período do seu mandato se foren nomeados por un determinado tempo.
  8. Por renuncia, que poderá levarse a cabo por calquera dos medios e mediante os trámites previstos para a aceptación.

A renuncia será efectiva desde o momento en que se lle notifique ó órgano de goberno da fundación.

O cesamento dos patróns comunicarase formalmente ó protectorado e inscribirase no Rexistro de Fundacións.

Artigo 17.- Organización do padroado

O padroado designará de entre os seus membros un presidente, un vicepresidente, e un secretario mediante acordo adptado por maioria de 2/3 dos seus membros.

Artigo 18.- O presidente

  1. Corresponde ao Presidente do Padroado a máis alta representación da Fundación, así como o exercicio das funcións que lle recoñece a normativa sobre fundacións e, en concreto, das seguintes:
    1. Convoca as reunións do Padroado.
    2. Preside as reunións e dirixe as deliberacións, concedendo ou denegando o uso da palabra e decidindo os empates que se produzan con voto de calidade.
    3. Executa ou ordena executar os acordos, podendo para iso realizar toda clase de actos e asinar aqueles documentos, públicos ou privados, necesarios a tal fin.
    4. Ostenta a representación institucional da Fundación ante toda clase de persoas, entidades, autoridades, Organismos e Administracións Públicas.
    5. En xeral, dirixe a Fundación, adoptando cantas medidas estime pertinentes para que se poidan cumprir os fins que ten asignados.
    6. Calquera outra facultade recoñecida nestes estatutos.
  2. O fundador Juan Marcos Pérez Gulín ostentará a presidencia da Fundación con caráctervitalicio, podendo designar o seu sucesor, no seu caso co mesmo carácter  vitalicio, por escritura pública ou calquera forma de  Salvo que outra cousa dispúxose no seu nomeamento, os Presidentes nomeados con carácter  vitalicio terán idéntica facultade de designar o seu sucesor, no seu caso co mesmo carácter  vitalicio, sempre por escritura pública ou calquera forma de testar. Se o fundador ou os sucesivos Presidentes  vitalicios do Padroado renunciasen á presidencia, poderán seguir mantendo a súa condición de patróns con carácter  vitalicio ou polo prazo polo que fosen nomeados.
  3. Se non se cumprir a previsión contida no apartado anterior de modo que o Presidente falecese sen designar un sucesor, o Padroado reunirase no prazo máximo de trinta días e designará un novo Presidente mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.

Artigo 19.- O vicepresidente

  1. Poderán nomearse un ou máis Vicepresidentes (numeradosordinalmente).
  2. Serán Vicepresidentes as persoas que, no seu caso, designe o fundador ou na súa falta o Padroado de entre os seus membros mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
  3. Corresponde aos Vicepresidentes, pola súa orde, ou, na súa falta, ao membro do Padroado de máis idade, realizar as funcións do Presidente en caso de estar vacante o cargo e nos de ausencia ou enfermidade do seu titular, así como calquera outras que determine o Padroado. Se falecer o Presidente sen designar un sucesor segundo o previsto no artigo 14, e ata que se cubra o cargo, o Vicepresidente que por orde corresponda asumirá a Presidencia do Padroado.

Artigo 20.- O secretario

  1. O Secretario poderá ter ou non a condición de patrón, tendo neste último caso voz pero non voto e será designado polo fundador ou na súa falta polo Padroado mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
  2. Corresponde ao Secretario custodiar a documentación pertencente á Fundación, levantar as actas correspondentes ás reunións do Padroado, expedir as certificacións e informes que sexan necesarios e aqueloutras funcións previstas nestes estatutos ou que expresamente se lle deleguen. Nos casos de enfermidade, ausencia ou vacante, fará as funcións de Secretario o membro do Padroado de menos idade, ou o que devandito órgano designe para o efecto.

Artigo 21.- Facultades do padroado

  1. Ao Padroado, como órgano de goberno e representación da Fundación, correspóndelle cumprir os fins fundacionais e administrar os bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación mantendo plenamente o rendemento e utilidade dos mesmos nos termos establecidos na normativa sobre fundacións.
  2. Na súa actuación o Padroado deberá axustarse á vontade do fundador manifestada nestes Estatutos e aopreceptuado na lexislación vixente.
  3. No exercicio de tales funcións, ademais do disposto noutros artigos destes estatutos e sen prexuízo de realizar, no seu caso, as preceptivas comunicacións ou solicitudes de autorización ao Protectorado, ostenta, a título meramenteenunciativo, as seguintes atribucións e facultades:
  4. A administración, alleamento e gravame dos bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación, garantindo o destino efectivo do patrimonio e das súas rendas aos fins fundacionais.
  5. A alta inspección, vixilancia e orientación do labor da Fundación, formulando os plans de xestión e os programas periódicos de actuación da mesma.
  6. A constitución e designación dun ou máis Comités especiais ou asesores, coa composición e facultades que xulgue convenientes.
  7. A interpretación, desenvolvemento e modificación no seu caso dos presentes estatutos, con arranxo ao procedemento legalmente establecido e procurando en todo caso o mellor cumprimento da vontade fundacional.
  8. A elaboración e aprobación da documentación orzamentaria, financeira e contable esixida pola lexislación vixente e a súa presentación ao Protectorado dentro dos prazos regulamentarios.
  9. O nomeamento, separación e retribución do persoal directivo, técnico, administrativo e subalterno da Fundación, a determinación dos seus dereitos, responsabilidades e obrigacións e o exercicio da potestade disciplinaria.
  10. A determinación dos criterios xerais para a distribución e aplicación dos fondos dispoñibles entre as finalidades da Fundación.
  11. A fixación e adxudicación das prestacións fundacionais e a selección dos concretos beneficiarios.
  12. O exercicio dos dereitos de carácter político e económico que correspondan á Fundación como titular de accións, participacións e demais valores da súa pertenza e, en tal sentido, concorrer,deliberar e votar, no sentido máis favorable ao cumprimento da vontade fundacional, mediante a representación que acorde, nas Xuntas Xerais e demais órganos das respectivas sociedades ou entidades emisoras, facendo uso das facultades xurídicas atribuídas ao respectivo titular, concertando, outorgando e subscribindo os actos, contratos, convenios, proposicións e documentos que xulgue convenientes.
  13. A representación da Fundación e, en consecuencia, comparecer e actuar no seu nome ante toda clase de persoas, autoridades, Organismos e Administracións Públicas, formulando pretensións, incoando e seguindo expedientes e interpoñendo reclamacións e recursos, así como igualmente ante toda clase de Xulgados e Tribunais de calquera xurisdición, tanto activa comopasivamente, exercitando todo tipo de pretensións, accións, excepcións e recursos, ou desistindo deles, xa directamente, xa por medio de avogados e procuradores aos que poderá conferir os oportunos poderes; transixir e someter a arbitraxe os intereses xudiciais e extraxudiciais da Fundación.
  14. A realización de toda clase de actos e operacións propios da xestión económica e financeira da Fundación e, entre eles: abrir e cancelar contas correntes, de crédito e de aforro ou depósitos en calquera entidade de crédito e aforro facendo todo canto a lexislación e a práctica bancaria permitan. Dar e tomar diñeiro a préstamo ou crédito, librar, aceptar, endosar, intervir e protestar letras de cambio e demais documentos de xiro e tráfico; en xeral, reclamar e realizar pagos ecobros de calquera cantidades e determinar o investimento dos fondos dispoñibles da Fundación; constituír fianzas e garantías mediante aval ou por calquera outro medio admitido en dereito.
  15. A delegación das súas facultades nun ou máis dos seus membros, excepto as legalmenteindelegables e o nomeamento de apoderados xerais ou especiais, así como a modificación ou revogación das delegacións e apoderamentos conferidos. A designación, en cada caso, do patrón ou patróns que haxa de proceder á execución dos acordos adoptados.
  16. O outorgamento e firma de todos os documentos públicos e privados que esixa o exercicio de calquera das facultades anteriores.
  17. En todo caso, as atribucións e facultades anteriormente relacionadas non implican limitación ou substitución das competencias que a normativa sobre fundacións atribúe ao Protectorado, especialmente en canto ás autorizacións que sexan preceptivas ás que a Fundación expresamente sométese.

Artigo 22.- Reunións do padroado e convocatoria

O padroado reunirase, polo menos, dúas veces ó ano e tantas veces como sexa preciso para a boa marcha da fundación.

Corresponde ó presidente convocar as reunións, por propia iniciativa ou a petición das 2/3 partes dos membros do padreado

A convocatoria faráselle chegar a cada un dos membros, polo menos, con cinco días de anticipación á data da súa celebración, por calquera medio que permita deixar constancia da súa recepción. Nela farase consta-lo lugar, dia e hora de celebración da reunión, xuntándose, así mesmo, a orde do día.

Non será precisa convocatoria previa cando se atopen presentes tódolos patróns e acorden por unanimidade a celebración da reunión.

Artigo 23.- Formas de deliberar e adoptar acordos

As reunións do padroado entenderanse validamente constituídas cando concorran a elas, presentes ou representados, na forma legalmente establecida, polo menos a metade máis un dos seus membros.

Os acordos serán inmediatamente executivos e adoptaranse por ma1ona absoluta dos asistentes, senda dirimente en caso de empate o voto do presidente. Non obstante requirirase voto favorable das 2/3 partes sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta dos seus membros para aprobar acordos que se refiran á reforma ou modificación dos estatutos, á disposición de bens a título gratuíto, á fusión e a extinción da fundación. e a de designación e substitución de membros do padreado e cargos no mesmo.

Das reunións do padreado levantarase polo secretario a correspondente acta, que deberá ser aprobada por tódolos membros presentes e aprobada na mesma ou seguinte reunión. Unha vez aprobada transcribirase no correspondente libro de actas e será asinada polo secretario co visto e prace dopresidente.

Artigo 24.- Dereitos e abrigas dos membros do padroado

Son dereitos dos membros do padreado:

  1. Recibir a convocatoria coa Orde do día e asistir ás xuntanzas dos órganos dos que formen parte
  2. Exercer o dereito de voto
  3. Obter a información precisa para o cumprimento das súas funcións

Son deberes dos membros do padreado:

  1. Cumprir e facer cumprir os fins fundacionais
  2. Administrar os bens e dereitos que integran o patrimonio da fundación mantendo o seu rendemento, utilidade e produtividade segundo os criterios económico-financeiros dun bo xestor.
  3. Asistir as xuntanzas do padroado e velar pola legalidade dos acordes que nelas se adopten.
  4. Realizar os actos necesarios para a inscrición da fundación no Rexistro de Fundacións de Interese Galega.

O padroado dará información suficiente dos fins e actividades da fundación para seren coñecidos polosseus eventuais beneficiarios e demais interesados.

Artigo 25.- Responsabilidades dos patróns

Os patróns deberán desempeñar o seu cargo coa dilixencia dun representante leal.

Os patróns responderán solidariamente fronte á fundación dos danos e perdas que causen por actos contrarios á lei ou ós estatutos ou polos realizados sen a dilixencia coa que deben desempeñar o cargo. Quedarán exentos de responsabilidade os que votasen en contra do acordo e os que proben que . non intervindo na súa adopción e execución, descoñecía a súa existencia ou, coñecéndoa. fixeron todo o conveniente para evitar o dano ou. polo menos se opuxeron expresamente a aquel.

Artigo 26.- Carácter gratuíto do cargo de patrón

Os patróns exercerán o seu cargo sen que, en ningún caso, poidan percibir retribución polo desempeño da súa función.

Os patróns terán dereito a seren reembolsados dos gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función Hes ocasione.

Artigo 27.· Consellos asesores

O padroado poderá crear consellos asesores e de estudo, así como órganos similares con funcións de apoio e asesoramento. para o mellor desenvolvemento dos fins fundacionais.

A creación destes órganos deberá ser notificado ao protectorado e inscrito no Rexistro de Fundacións.

Os membros destes Consellos Asesores serán nomeados polo Padroado e poderán ser cesados en todo momento polo acorde de 2/3 partes dos Patronos.

Art. 28.- Xerente

O padroado podará acordar a contratación dun director/xerente con competencias en materia de xestión e administración da fundación.

TITULO QUINTO – RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29.· Patrimonio fundacional

O patrimonio da fundación pode estará integrado por toda clase de bens, dereitos e obrigas susceptibles de valoración económica que integren a dotación, así como por aqueles que adquira a fundación con posterioridade á súa constitución, aféctense ou non á dotación.

Uns e outros deberán figurar a nome da fundación, constar no seu inventario e no Rexistro de Fundacións.

O padroado promoverá, baixo a súa responsabilidade, a inscrición a nome da fundación dos bens e dereitos que integran o seu patrimonio nos rexistros públicos correspondentes.

Artigo 30.· Dotación da fundación

A dotación da fundación estará integrada por tódolos bens e dereitos que constitúen a dotación inicial da fundación, que se recolle na escritura de constitución, e por aqueles cutres que no sucesivo se acheguencon ese carácter.

Artigo 31.- Adscrición do patrimonio fundacional

Os bens e dereitos que conforman o patrimonio, así como as rendas que produzan. quedarán vinculados ó cumprimento dos fins que a fundación persegue.

Artigo 32.- Financiamento

A fundación, para o desenvolvemento das súas actividades, financiarase cos recursos que proveñan do rendemento do seu patrimonio e, se foro caso, con aqueles outros procedentes das axudas. subvencións ou doazóns que reciba de persoas ou entidades, tanto públicas como privadas.

A fundación poderá percibir cantidades derivadas de actividades e servizos directamente prestados por ela ós seus beneficiarios sempre que:

  1. Non desvirtúe o interese xeral para a Comunidade Autónoma.
  2. Non sexan contrarios a vontade fundacional
  3. Non implique unha limitación inxustificada do ámbito dos seus posibles beneficiarios

Ademais, con obxecto de obter ingresos, a Fundación podará realizar actividades mercantil cuxo obxecto estea relacionado ces fins fundacionais ou sexan complementarias cu accesorias das anteriores, con sometemento ás normas reguladoras da defensa da competencia.

Artigo 33.- Réxime financeiro

O exercicio económico coincidirá co ano natural.

A fundación, ademais do libro de Actas, levará necesariamente un Libro Diario e un Libro de Inventarios e Cantas Anuais, e aqueloutros que sexan convenientes para o bo arde e desenvolvemento das súas actividades, así como para o adecuado control da súa contabilidade.

Na xestión económico-financeira, a fundación rexerase de acorde ces principios e criterios xerais determinados na normativa vixente.

Artigo 34 – Elaboración do Plan de actuación e presentación das Contas anuais

O Padroado elaborará e remitirá ao Protectorado nos últimos tres meses de cada exercicio, un Plan de actuación no que se conteñan os obxectivos e as actividades que se leña previsto desenvolver no exercicio seguinte.

O Padroado ou a persoa que este designe, formulará as cantas anuais que deberán ser aprobadas polo padroado no prazo de seis meses desde o peche do exercicio económico, e presentaranse ante oProtectorado no prazo de vinta dias hábiles seguintes á súa aprobación para o seu exame e posterior depósito no Rexistro de Fundacións de Interese Galega.

As cantas anuais, que comprenden balance, conta de resultados e memoria, forman unha unidade, deben ser redactadas con claridade e mostrar a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da fundación.

A memoria completará, ampliará e comentará a información contida no balance e na canta de resultados, e incorporará un inventario dos elementos patrimoniais da fundación. Ademais, incluirase na memoria as actividades fundacionais, os cambios no órgano de goberno, dirección e representación, así como o grado de cumprimento do plan de actuación, indicando os recursos empregados, a súa procedencia, o número de beneficiarios en cada unha das distintas actuacións realizadas, os convenios que no seu caso se subscribiran con outras entidades para estes fins, así como o grado de cumprimento do destino de rendas e ingresos.

Se a fundación se encentra dentro dos requisitos legais establecidos, os documentos anteriores someteranse á auditoría externa, remitindo ó protectorado o informe da mesma xunto coas cantas anuais.

TÍTULO SEXTO – DA MODIFICACIÓN, AGREGACIÓN OU EXTINCIÓN

Artigo 35.- Modificación de estatutos

Por acorde do padreado, poderán ser modificados os presentes estatutos, sempre que resulte conveniente ós intereses da fundación e se cumpran os requisitos previstos na lexislación vixente. Procederase a dita modificación cando as circunstancias que presidiron a constitución da fundación tiveran variado de tal maneira que ésta non poda actuar satisfactoriamente con de conformidade ces estatutos en vigor.

Para a adopción de acordos de modificación, será necesario o voto favorable das 2/3 partes dos asistentes á reunión, sempre que supoña maioría absoluta dos membros do padroado.

A modificación ou nova redacción dos estatutos acordada polo padroado deberá ser comunicada ao protectorado, formalizada en escritura pública e inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galega.

Artigo 36.- Fusión con outra fundación

A fundación poderase fusionar con outra cu outras, lago de acordo dos respectivos padroados.

O acordo de fusión deberá ser aprobado co voto favorable das 2/3 partes dos asistentes á reunión, sempre que supoña maioría absoluta dos membros do padreado. A fusión requirirá comunicación ao protectorado, formalización en escritura pública e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galega.

Artigo 37.- Extinción da fundación

A fundación extinguirase polas causas e de acordo cos procedementos establecidos pola lexislaciónvixente.

Artigo 38.- Liquidación e adxudicación

A extinción da fundación determinará a apertura do procedemento de liquidación que será realizada polo padroado baixo o control do protectorado.

Os bens e dereitos resultantes da liquidación destinaranse ás fundacións ou ás entidades non lucrativas privadas ou públicas que persigan fins de interese xeral e que teñan afectados os seus bens, mesmo para o suposto da súa disolución. á consecución daqueles, consideradas como entidades beneficiarias do mecenado aos efectos previstos nos artigos 16 a 25, ambos inclusive, da Lei 49/2002, de 23 dedecembro.

Corresponde ao Padroado designa-las entidades receptoras destes bens, de acordo co establecido na lexislación vixente.

CLÁUSULA ADICIONAL

En todo caso, o previsto nos presentes estatutos non implica limitación ou substitución nas competencias que ao protectorado atribúe a lexislación vixente, e moi especialmente en relación coas autorizacións cu limitacións a que a fundación expresamente se somete.

[/vc_column_text][ultimate_spacer height=”30″][/vc_column][/vc_row]