Inicio » Centro de innovación para o desenvolvemento sustentable

Centro de innovación para o desenvolvemento sustentable

O noso modelo de traballo impleméntase dende o Centro de Innovación para o Desenvolvemento Sustentable (CCTI).

Trátase dun espazo que pon o coñecemento ao servizo da creatividade para que a través do talento se formulen propostas para afrontar problemas actuais ou, a través da análise de tendencias e cunha visión de longo prazo, aos problemas que están por vir.

Básicamente, a función do CCTI é xerar debate, pensamento e reflexión de cara ao establecemento dunha verdadeira axenda da sustentabilidade. Para elo o centro conta cos Think Tanks para dotarse de contidos que son compartidos a través de múltiples actividades divulgativas (exposicións, xornadas, conferencias…), pero en especial a través da xeración dun amplo e aberto debate cara a sustentabilidade.

Como contribución concreta á esta axenda, dende o propio CCTI se trata de implementar o cambio teórico dando apoio para o desenvolvemento de iniciativas sustentables e actuando como catalizador da innovación sustentable nas PEMES.

Para elo desenvolve entre outras as seguintes actividades:

  • promocionar e apoiar a participación en programas internacionais de cooperación tecnolóxica
  • potenciar a transferencia de tecnoloxía empresarial e dos servizos de apoio á innovación tecnolóxica
  • apoiar a creación de empresas de base sustentable ou iniciativas innovadoras dentro de empresas xa existentes

Actividade en imaxes

Next »

Fai unha doazón

Doazóns xenéricas á actividade da Fundación Galicia Sustentable
Choose donation amount: