InfoLabs

Fora de calquera dogma ou liña de pensamento establecida, a través da información e de compartir coñecementos e ideas, a Fundación Galicia Sustentable aspira a que cada quen poida crear os seus propios criterios para a toma das decisións que mellor se adapten a uns obxectivos que tomen en consideración o Planeta como sistema interrelacionado. Neste contexto é no que xurde a idea InfoLabs.

InfoLabs é un proxecto da Fundación Galicia Sustentable a través do cal trata de achegar de forma atractiva e fácil para un público xeneralista, información relevante para poder conformar unha interpretación axustada á realidade que posibilite a participación eficaz da sociedade nos procesos de toma de decisións.

Co InfoLabs estamos a traballar no desenvolvemento de modelos de visualización atractivos e sinxelos que fagan da grande cantidade de información que hoxe dispoñemos, unha ferramenta manexable e útil. Tamén tratamos de avanzar no deseño de sistemas de indicadores complexos para a sustentabilidade que poidan ser expresados dun xeito agradable e sinxelo e que sexan interpretables facendo accesible a información á poboación e aos órganos de decisión das institucións e organizacións.

Visita InfoLabs

Comments are closed.

Actividade en imaxes

Next »

Fai unha doazón

Doazóns xenéricas á actividade da Fundación Galicia Sustentable
Choose donation amount: